Formación para desempregados.

Dende hai máis de 20 anos somos Centro de Formación Ocupacional Homologado pola Xunta de Galicia. É por isto, que temos impartido no noso centro diversas accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores desempregados.

Actualmente estamos acreditados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para impartir os seguintes certificados de profesionalidade:

  • IFCT0209 Sistemas microinformáticos.
  • IFCT0509 Administración de servizos de Internet.
  • IFCT0609 Programador de sistemas informáticos.
  • IFCD0110 Confección e publicación de páxinas Web
  • IFCD0210 Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías Web
  • IFCT0210 Operación de sistemas informáticos
  • IFCT0310 Administración de bases de datos
  • ELEM0110 Desarrollo de proxectos de sistemas de automatización industrial
  • SSCB0109 Dinamización comunitaria.
  • SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego
  • SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil

Formación para activos.

Xestionando a cota de bonificaciónde diversas empresas (Urbanos, Vitrasa, Asociación provincial de fotógrafos, Bingo Costa Verde, Ronáutica...) e, deseñando e impartindo a formación a súa medida.

Como centro colaborador de organizacións empresariais e sindicais (CEP, IFES, FORGA...)

Formación para outras entidades.

Temos impartido e deseñado diversas accións formativas para entidades como asociacións veciñais, asociacións de comerciantes ou ONGs como:

Oferta formativa.

Recuperacións en clases de apoio.

Dentro destes servizos encadramos tanto as clases que impartimos dende setembro a xuño para axudar ós nosos alumnos a obter bos resultados nos seus exames, como as que impartimos de xuño a setembro para que superen aquelas materias que lles quedaron pendentes ou reforcen os coñecementos adquiridos durante o curso.

Este tipo de clases impártense adaptándose a cada alumno, dependendo das dificultades que atopan, os tipos de exame, o nivel...

Os niveis educativos para os que ofertamos estes servizos son: terceiro ciclo de primaria, ESO, BACHARELATO e MÓDULOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

Preparacións de probas de acceso a ciclos, acceso a universidade...

Dentro deste apartado ofertamos os seguintes servicios:

ISO 9001 BUREAU VERITAS CERTIFICACION Asociación provincial de empresas de formación de Pontevedra

Rúa Cataluña, 7 - O Calvario - Vigo

Tfno: 986 27 13 11 - Fax: 986 26 61 89

E-mail: esgarrv@esgarrv.com